viernes, 12 de junio de 2015

Despedida!! 


“Vou a dar a despedida,
vou a dar o parabén.
Vou a dar despedida
que ma dan a min tamén….”
Esta é unha copla coa que rematan case todas as cancións tradicionais galegas que, como sabedes, a min gústanme moito. Elexina porque ven moi ben para o momento vital no que me atopo. Por unha banda eu despídome de vós e do meu traballo e, por outra, a min tamén me despiden, porque me xubilo.
Xubílome….! Fáiseme difícil asimilar todo o que esta palabra leva consigo pois levo dando clase dende hai….37 anos! Uf…! Empecei con 23, con moitísima ilusión e gañas de transformar o mundo, de combater as inxusticias que a cotío vía ao redor. Co paso do tempo non perdín a ilusión, pero aprendín unha lección importante: un só, non pode cambiar nada, pero xunto con outros, si. Somos como as areas do deserto que, collidas unha por unha, non son nada, nin se ven, pero todas xuntas, fan dunas, montañas e cando sopla o vento, modifican mesmo a paisaxe.
Así somos nós. Todos xuntos podemos transformar o mundo.
Vós estades entrando nuha etapa moi importante. O curso que ven empezaredes a ESO e, cando vos dedes conta estaredes, algúns na universidade, outros traballando e outros facendo o que poidades ou o que queirades porque, en grande medida, o futuro depende de cada un. Diredes: “Ui! iso está aínda moi lonxe”e tedes razón o que pasa é que a vida, e neste caso os estudos, podemos comparalos a unha longa escada que hai que ir subindo chanzo a chanzo. Cada paso que damos ten coma base o anterior e ao mesmo tempo é base para o seguinte. Se queremos chegar a 4º, temos que empezar superando 1º, que está á volta do verán, en setembro.
Eu anímovos a que vos esforcedes e estudedes. Canto máis preparados esteades, mellor entenderedes o mundo e máis posibilidades teredes de elexir a vida que queirades levar.
Pola miña parte só me queda dicir que sodes un grupo que me chegou ao corazón porque, ainda que moi charlatanes e revoltosos, tedes moita  empatía e vos sentimentos. Sodes capaces de entender e axudar ao compañeiro ou compañeira que o precisa (espero que non perdades iso nunca). En definitiva, sodes moi boas persoas e iso para min é o máis importante.
E polo que aos estudos se refire,  tal como ides preparados, podedes superar perfectamente o curso que ven sempre e cando vos esforcedes, claro.
Así que:

Ata sempre rapaces!!!
Ánimo! Pasadeo ben, sede moi felices e….Estudade moito!!

martes, 12 de mayo de 2015

 LETRAS GALEGAS 2.015
 O mellor xeito de homenaxear unha lingua é escribindo nela. Aquí temos un fermoso poema escrito por Daniela. A ver se vos gusta!
 Grazas Daniela! . Eres unha gran poetisa!

PENSANDO.....

 Na miña habitación
púxenme a pensar
nunha poesía 
que tiña que entregar

Que alguén me axude
non sei que poñer
non teño nin idea
do que podo facer

Sobre nubes e paxaros...
sobre montes ou ríos...
ou números e letras?
Estou metida nun lío.

Estan dando as dez
Non vou a poder.
Meu deus, a miña poesía!
Non sei que facer!

Agora que penso...
por que non lles leo
estas historietas...?
Resultará moi feo?
 Daniela - 6º

miércoles, 6 de mayo de 2015

Roles home-muller
Por que os homes nas historias son os fortes?
Por que non hai princesas que salvan a príncipes?
Por que nos ten que salvar alguén?
Por que..........?
Por que........?
.......
....
..
En fin.... Todas estas preguntas e máis, se fan os nenos e nenas do vídeo. Como me pareceu interesante, aquí cho deixo para que o escoites. Oxalá de maior sexas un adulto/a que toma libremente as súas decisións e controla a súa vida.

viernes, 24 de abril de 2015

 Que facer se alguén me agrede?
Esta é unha boa pregunta que máis dunha vez nos temos feito.
Daniel Gabarró ofrécenos algunhas pautas de actuación para momentos difíciles que todos tivemos, e temos, ao longo da nosa vida. Merece a pena velo, reflexionar e comenta despois no foro da Aula Virtual.
(Non estaría mal, discutilo na casa coa familia)
     

domingo, 22 de febrero de 2015

Excusión aos museos científicos da Coruña
Houbo que madrugar moito, pero... Pasámolo xenial!!!
Aquí está a proba...

miércoles, 4 de febrero de 2015

Febreiro, para os galegos é un mes moi importante porque está adicado á nosa escritora máis universal
Rosalía de Castro
nada o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela 
Poderedes aprender moitas cousas sobre ela no seguinte enlace á Bibliopepiño: http://bibliopepinho.blogspot.com.es/
Aquí vos deixo algunhas cancións de poemas seus musicados por distintos cantantes e grupos. Espero que vos gusten.